miércoles, 1 de junio de 2016

Carta de un soldado

Carta de un soldado

5 de maio do 1918

Ola cariño

Esta carta espero que a leas ti e non os putos alemans, vouche contar como é o meu día a día neste inferno que é alemaña meus homes estan a sufrir por non ter suministracións. Levamos 20 días sen comer e as forzas alemanas estannos machacando, estamos completamente rodeados. Non temos moitas posibilidades, aínda que os meus homes son capaces de todo. Agora mesmo teríamos que estar en Alsacia defendendo o que é noso. Por agora os belgas téñenno no seu poder e vai ser difícil  arrebatarllo.

Fai unhas catro horas chamamos por radio aos reforzos da base de Marsella a dixéronnos que chegarían nunhas tres, catro horas aproximadamente. Só espero que cheguen o antes posible e nos poidan axudar.

Do que nos estamos dando conta é de que estamos encontrando bastantes soldados búlgaros e pensamos que poden haberse xuntado. Iso non é unha boa noticia para nós.

A miña fe vaise apagando despois de cada día neste inferno. Creo non volverei a casa e se o fago deixarei todo iso da guerra e faremos unha familia. O único que quero é que chegen os reforzos e poder saír de aquí.

Que Deus te protexa ,cariño, a ti e a toda a nosa familia, porque sen o teu amor non podería estar aquí. ¿Recordas aqueles tempos nos que non había guerra e saíamos a bailar todas as noites a ese bar do teu amigo? !buah iso si era divertirse¡ E aquela vez que bailando como era tan torpe piseite e botácheslle todo o batido na cara ao señor Robinson, jajajaja: como boto de menos eses maravillosos días... cada vez que miro a túa foto e recordo todos eses maravillosos días bótome a chorar.

Os meus homes tamen botan de menos ás súas familias e é difícil loitar na guerra se estás a pensar continuamente na túa familia porque ao mellor mentres fas iso chega un alemán e mátate. Entón temos que pensar nas nosas familias pero para motivarnos a gañar esta puñeteira guerra para que acabe. O meu teniente bótanos a bronca porque non poñemos moita atención no campo de batalla. Espero que os ingleses nos axuden e poidamos acabar isto o máis rápido posible para poder estar ao teu lado.

Bueno ,meu amor, creo que chegou a hora de despedirme:   I love you baby.


Madelein